Campeche, nova cita para afeccionados ao skate, BMX, rollers e scooter

Marín
05 de novembro 2015

A Asociación Deportiva e Social IZEL United Skate e Bmx, continúa demostrando o seu apoio á infancia e mocidade, na organización de eventos deportivos e culturais. Nesta ocasión organizou o evento "Campeche" para este sábado día 7 de novembro na zona do half da Praza de España a partir das 4 da tarde

Participantes no Skate Contest, actividade do II festival Pro Riders de Cantodarea
Participantes no Skate Contest, actividade do II festival Pro Riders de Cantodarea / Diego Torrado

A Asociación Deportiva e Social IZEL United Skate e Bmx, continúa demostrando o seu apoio á infancia e mocidade, na organización de eventos deportivos e culturais.

Nesta ocasión organizou o evento "Campeche" para este sábado día 7 de novembro na zona do half da Praza de España a partir das 4 da tarde.

O obxectivo principal é materializar a motivación, inquietude e demanda dos deportistas urbanos que son os verdadeiros protagonistas deste evento.

Ademais das exhibicións de skate, BMX, rollers e scooter, tamén contarán con outras actividades para todos os públicos como un mercadio de pezas de bicicleta, artesanía, barra de bebidas, actuacións musicais, actividades infantís, obradoiros e mesmo unha caseta dunha escola de masaxes con masaxistas profesionais, para dar masaxes gratuítas a todos os participantes coa opción de colaborar dando un quilo de alimentos.

Tamén haberá un espazo destinado á recollida de xoguetes, e todo o relacionado tamén con estes deportes urbanos; accesorios, repostos, cascos de skate (monopatín), BMX (bici pequena), patíns (online, roller), scooter (patinete), como doazóns aos que o necesitan.

Todos estes postos estarán situados ao redor da zona do half polo que será necesario eliminar unha fileira de aparcadoiros  para garantir a seguridade durante as exhibicións

Se chovese, parte da programación trasladaríase ao Multiúsos.

A asociación conta co apoio do Concello de Marín para a realización dos seus eventos pola importancia e necesidade que supón, implicar á cidadanía para entre todos facer a vida máis amena a nenos e mozos e que poidan seguir xogando e practicando un bo lecer e tempo libre cun crecemento físico e intelectual san.