Este xoves e o venres o barrio de Campolongo estrea os novos centros de compostaxe comunitaria de 10 módulos, caixón de estruturante e fonte cada un, nas rúas Espincelo, Xeneral Rubín-Paseo de Valle Inclán, Iglesias Vilarelle e Alcalde Hevia-Rúa do Forno.
Dado que se trata dun novo barrio ao que chega a compostaxe, a Concellaría de Residuos instalou tamén a carpa informativa para atender a todos os residentes que se interesen por ver os novos composteiros.
As persoas que se acheguen ata a carpa serán atendidas por tres mestres composteiros que solventarán as súas dúbidas, ofrecerán información e bolsas de compost procedente doutros centros da cidade.
Este xoves xa abriron os centros de compostaxe da rúa do Espincelo e o da rúa Xeneral Rubín-Paseo de Valle Inclán. O venres abrirán os da rúa Iglesias Vilarelle: de 17 a 18.30 horas, rúa Alcalde Hevia-Rúa do Forno: de 19.15 a 20.45 horas.
Na actualidade o Concello ten instalados distintos centros de compostaxe a servizo dos veciños nos barrios de Monte Porreiro, Eduardo Pondal-Gorgullón, A Parda e en Valdecorvos-Castañal. En total, 15 centros aos que hai que sumar os 8 novos que se poñen estos días en marcha coa incorporación do barrio de Campolongo.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.