Carballedo reivindica a Educación Física cunha xornada lúdica na rúa

Cerdedo Cotobade
28 de abril 2022

Acompañados dos seus docentes, máis de 70 alumnos e alumnas de Infantil a sexto de Primaria saíron á Praza da Chan para practicar diferentes xogos e actividades deportivas. Así, ao longo da mañá protagonizaron partidos de baloncesto, xogos tradicionais, xogos de pilla ou circuítos de equilibrio

Celebración en Carballedo do Día da Educación Física
Celebración en Carballedo do Día da Educación Física / CEIP de Carballedo

CEIP Plurilingüe de Carballedo celebrou por segundo ano consecutivo o Día da Educación Física na rúa, visibilizando a importancia da actividade deportiva na mellora da saúde.

Acompañados dos seus docentes, máis de 70 alumnos e alumnas de Infantil a sexto de Primaria saíron á Praza da Chan para practicar diferentes xogos e actividades deportivas.

Así, ao longo da mañá protagonizaron partidos de baloncesto, xogos tradicionais, xogos de pilla ou circuítos de equilibrio, entre outras tarefas.

Esta iniciativa provén dun proxecto a nivel nacional no que diversos docentes de Educación Física inscriben aos seus centros educativos e saen á rúa para practicala.

Os veciños de Carballedo sorprendéronse ao ver ao alumnado facer educación física ao aire libre e, en ocasións, ata animaron aos pequenos nas súas respectivas competicións.