Carballedo seguirá tendo caixeiro automático no baixo da casa consistorial

Cerdedo Cotobade
10 de xullo 2024

Esta foi a solución que buscou o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, para manter o servizo bancario permanente despois de que se vendera o edificio que ata agora ocupaba a entidade. Estará no lugar de entrada ao Multiusos Municipal, un lugar "cómodo e accesible" para os usuarios 

Espazo na casa consistorial de Carballedo para o caxeiro de Abanca
Espazo na casa consistorial de Carballedo para o caxeiro de Abanca / Concello de Cerdedo-Cotobade

Os baixos da Casa Consistorial de Carballedo, en Cerdedo-Cotobade, alberga a partir deste mércores 10 de xullo un caixeiro automático de Abanca. 

Trátase dun caixeiro automático de última xeración que permite realizar ao usuario o maior número de xestións e operativas posible desde Carballedo,  evitando así que teña que realizar calquera desprazamento para retirar cartos.

Esta foi a solución que buscou o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, para manter o servizo bancario permanente despois de que se vendera o edificio que ata agora ocupaba a entidade.

O alcalde trasladou a Abanca a necesidade de manter os servizos bancarios e, como resultado da negociación realizada, habilitouse este espazo permanente nos baixos do consistorio.

O caixeiro estará no lugar de entrada ao Multiusos Municipal, un lugar "cómodo e accesible" para os usuarios desta entidade bancaria.

Jorge Cubela salientou o esforzo do Concello para poder manter o servizo.