Caritel acolle o primeiro minicampionato galego de trepa de árbore

Ponte Caldelas
26 de xuño 2015

É unha das actividades que se desenvolve dentro da II Xuntanza da Asociación Galega de Arboricultura, que se desenvolve este sábado 27 en Ponte Caldelas

Mostra de poda de árbores en Ponte Caldelas coa presenza do alcalde Andrés Díaz
Mostra de poda de árbores en Ponte Caldelas coa presenza do alcalde Andrés Díaz / Concello de Ponte Caldelas

A Carballeira da Chan na parroquia de Caritel en Ponte Caldelas é o lugar escollido polos especialistas no coidado das especies arbóreas para desenvolver este sábado 27 a II Xuntanza Galega de Arboricultura, que contará co primeiro minicampionato galego de trepa de árbores.

Realizaranse diversas demostracións a partir das 10.00 horas do sábado con espectaculares podas en altura nas que os participantes subirán ata as copas dos carballos da Chan para realizar diversos laborais de coidado das árbores.

O público que se achegue ata a carballeira poderá gozar dunha mostra de materiais de trepa, participar nun taller de rescate, outro de trepa e actividades para os nenos.

O novo alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, achegouse acompañado por varios membros do equipo de goberno ata a zona e destacar o traballo que realizan estes profesionais para sanear as masas forestais e o coidado das especies autóctonas.

Precisamente, os membros da asociación aproveitarán a súa estancia en Caritel para realizar diversos traballos de saneado, limpeza e conservación da Carballeira da Chan.