Carla Antonelli: "Hay quien nos quiere seguir viendo debajo de las piedras y metidas dentro de los armarios"

Pontevedra
04 de abril 2019

Tras sinalar que España está ante un "momento histórico", a dirixente socialista reivindicou en Pontevedra "no dar un paso atrás ni para coger impulso" e defender "con uñas y dientes" os dereitos sociais conquistados polo colectivo para "no retroceder ni un centímetro"

Carla Antonelli e Ada Otero, no Parador
Carla Antonelli e Ada Otero, no Parador / Mónica Patxot

A actriz e política Carla Antonelli (PSOE), a primeira deputada transexual que houbo en España, alertou en Pontevedra do risco de "involución" que hai en España en materia de dereitos do colectivo LGTBI polo auxe de partidos aos que "les molesta la visibilidad".

"Nos quieren seguir viendo debajo de las piedras y metidas dentro de los armarios", sinalou Antonelli, que participou xunto aos socialistas de Pontevedra nun encontro con colectivos LGTBI da provincia e, posteriormente, nun mitin electoral.

Tras sinalar que España está ante un "momento histórico", a dirixente socialista reivindicou "no dar un paso atrás ni para coger impulso" e defender "con uñas y dientes" os dereitos sociais conquistados polo colectivo para "no retroceder ni un centímetro".

Carla Antonelli, que felicitou ao PSOE pontevedrés por incluír na súa candidatura ás municipais á primeira candidata transexual de Galicia, celebrou que os representantes da diversidade sigan "cogiendo martillos continuamente y rompiendo techos de cristal".

Ante iso, a activista LGTBI lamentou que haxa partidos que avisen "sin ningún tipo de tapujo ni rubor" que chegan á política para derrogar as leis de igualdade ou de violencia machista ou que empreguen palabras que "conmocionan" como a de "buscahuesos" dirixida aos colectivos da memoria histórica.

Os españois teñen unha "ardua tarea" por diante, engadiu, para continuar coa "gran lucha" de moita xente que "se dejó la vida por el camino" vítimas do odio ou que se suicidaron para que España "haya cambiado" e sexa "bastante irreconocible" á que ela mesma se atopou hai 42 anos cuando "salí de mi casa y llegué a Madrid".

"La visibilidad lleva inexorablemente a que todo se normalice y a que todos tengamos un espacio en la sociedad", destacou a política socialista, que apostou por camiñar cara a unha sociedade "arco iris" onde "vayamos poniendo baldosas amarillas" para lograr unha cidade "en donde quepamos todos" e as diferenzas "enriquézannos e non nos distancien".