Carlos Rodríguez Losada, reelexido como máximo representante da Unión Federal da Policía na provincia

Pontevedra
23 de outubro 2020

Rodríguez Losada viu referendada a súa xestión como Secretario Provincial da UFP co 100% dos votos á súa candidatura. Luís Miguel Ferrín Amado, representante en Vilagarcía, ostentará o cargo de Secretario de Relacións Institucionais

Carlos Rodríguez Losada, secretario provincial da Unión Federal de Policía (UFP)
Carlos Rodríguez Losada, secretario provincial da Unión Federal de Policía (UFP) / Unión Federal de Policía (UFP)

O 100% dos votos manteñen a Carlos Rodríguez Losada como máximo responsable da Unión Federal da Policía (UFP) na provincia de Pontevedra. Da súa man, no equipo de traballo tamén se atopa o representante de Vilagarcía, Luis Miguel Ferrín Amado, que ocupará o cargo de Secretario de Relacións Institucionais.

Desta forma, Rodríguez Losada seguirá liderando durante os vindeiros catro anos esta agrupación sindical da Policía Nacional que conta con numerosa representación, sobre todo en cidades como Pontevedra. 

Este axente policial é un referente no mundo sindical pola súa gran traxectoria desde hai máis dunha década, ademais de ser unha persoa comprometida que, malia poder estar liberado permanentemente, prefire estar no seu posto de traballo para poder ver desde o seu coche patrulla e de motu propio as carencias policiais e poder poñerlle remedio en primeira persoa. Ademais socialmente comprométese con diferentes campañas solidarias.

Pola súa banda, Luis Miguel Ferrín pasa a ostentar un cargo de suma importancia dentro desta organización sindical e ve premiada a súa gran traxectoria mantendo tamén a súa actividade como axente ao mesmo tempo que representa a todos os seus compañeiros no marco laboral.