Carpa ecolóxica en Portocelo para dar sombra a persoas con mobilidade reducida

Marín
29 de xuño 2021

A intención do goberno local é que este espazo mellore a accesibilidade e o uso para todas as persoas deste frecuentado areal de Marín. A estrutura construíase con madeira e unha tea ecolóxica

Zona de sombra na praia de Portocelo
Zona de sombra na praia de Portocelo /

Desde esta semana, a praia de Portocelo conta cun espazo que ofrece sombra para aquelas persoas que teñan mobilidade reducida. Así o indicaba este luns a concelleira de Turismo, Cristina Acuña, que recoñecía que levaba varios meses pensando en levar a cabo esta iniciativa para que estas persoas conten con mellores condicións cando se atopen na praia.

A estrutura realizouse en madeira e conta cunha tea ecolóxica na súa carpa, buscando que encaixe coa contorna. As persoas poden acceder ata este punto a través do pasareas colocado nas proximidades do muro da praia. Desde o goberno local indican que é posible chegar a este punto manexando unha cadeira de rodas.

Con este tipo de iniciativas, o  Concello quere revalidar algúns dos certificados ambientais máis importantes como as Bandeiras Azuis dos areais de Marín. Esta estrutura axuda a que a praia sexa máis accesible mellorando os servizos que ofrece este espazo de lecer.