Carril e Jesuscristo García

O Salnés
18 de xullo 2013

Aínda resoan en Carril os ecos da verbena máis multitudinaria da súa historia. Para as autoridades resulta moi complicado facer un cálculo sobre o número de persoas que pasaron na noite do martes pola Tomada, pero todas as fontes consultadas coinciden en que nunca menos de 10.000

Máis de 10.000 persoas participaron na verbena de Carril
Máis de 10.000 persoas participaron na verbena de Carril

Aínda resoan en Carril os ecos da verbena máis multitudinaria da súa historia.

Para as autoridades resulta moi complicado facer un cálculo sobre o número de persoas que pasaron na noite do martes pola Tomada, pero todas as fontes consultadas coinciden en que nunca menos de 10.000.

Boa parte de culpa téñena as orquestras Olympus e Panorama, que rivalizaron coa súa música ata as cinco da mañá.

O delirio chegou ao subir ao escenario Pablo Morón Skalopendra, para cantar xunto a Panorama o tema de Extremoduro, "Jesucristo García".