Case 150.000 euros para a 'posta a punto' do Teatro Principal

Pontevedra
13 de outubro 2014

En concreto, actuarase sobre a fachada e o tellado do teatro e resolveranse os problemas de humidades que se detectou en varios dos seus accesos, que provocaron que se desprenda a pintura das súas paredes

Fachada exterior do Teatro Principal
Fachada exterior do Teatro Principal / Juan Mejuto

Dar un "lavado de cara" ao Teatro Principal. ÿ o obxectivo dos traballos de rehabilitación que o Concello de Pontevedra acometerá no edificio en próximas semanas. Segundo avanzou o voceiro do goberno municipal, Raimundo González, investiranse case 150.000 euros en realizar unha serie de reparacións xenéricas coas que se busca mellorar o estado actual do inmoble que, en liñas xerais, se encontra en boas condicións.

En concreto, actuarase sobre a fachada e o tellado do teatro e resolveranse os problemas de humidades que se detectou en varios dos seus accesos, que provocaron que se desprenda a pintura das súas paredes.

Estas obras adxudicaranse nunha próxima Xunta de Goberno e executaranse con cargo ás anualidades de 2014 e 2015.

Ademais, o Concello de Pontevedra adxudicou á empresa SETGA o proxecto de eficiencia e aforro enerxético na rúa Domingo Fontán, entre a Ponte dos Tirantes e o Pavillón Municipal. Renovarase a iluminación pública no vial e no paseo paralelo ao río. O contrato ten un custo de 100.492 euros.