Case medio cento de condutores deron positivo por alcohol ou drogas en Fin de Ano

Pontevedra
02 de xaneiro 2020

Algo máis de mil probas de alcol e drogas. Ese foi o intenso traballo de control que os axentes do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra na rede viaria da provincia durante a noite de Fin de Ano

Control de alcohol e drogas da Garda Civil de Pontevedra
Control de alcohol e drogas da Garda Civil de Pontevedra / Guardia Civil de Pontevedra

Algo máis de mil probas de alcol e drogas. Ese foi o intenso traballo de control que os axentes do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra na rede viaria da provincia durante a noite de Fin de Ano.

No marco deste dispositivo de seguridade viaria, cuxo obxectivo era poñer fóra circulación a aqueles condutores que beberan ou consumiran alcol e/ou drogas, detectáronse 44 condutores que deron positivo nalgunha das dúas probas.

En concreto, a Garda Civil realizou 1.028 probas de detección de alcoholemia e detectáronse 32 condutores que deron resultado positivo.

Deles, 27 foron denunciados por vía administrativa e os cinco restantes por vía xudicial, por superar a taxa establecida de 0,60 mg/l., en aire espirado.

A estes controis hai que sumar as 22 probas de detección de drogas. Dos condutores sometidos ao test salival para comprobar a presenza no organismo de drogas, 12 resultaron positivas, é dicir máis do 50% do total.

A estes condutores denuncióuselles por vía administrativa, sendo as substancias máis detectadas o cannabis e a cocaína

A lei prohibe conducir con presenza de drogas no organismo do condutor, quedando excluídas as substancias baixo prescrición facultativa e cunha finalidade terapéutica.

Esta infracción catalogada como moi grave está castigada cunha sanción de 1.000 euros e a retirada de seis puntos.