Case un centenar de soldados da Brilat parten de misión cara Mali

Pontevedra
20 de novembro 2018

A súa misión, de seis meses de duración, consistirá en "instruír, adestrar e asesorar" ás forzas armadas do país africano para que sexa "capaz e autosuficiente de poder xestionar" a súa seguridade

Soldados da Brilat parten de misión cara a Mali
Soldados da Brilat parten de misión cara a Mali / Ministerio de Defensa

Ás 09:45 horas deste martes partiu desde o aeroporto de Santiago de Compostela a primeira rotación destino a Mali na cal viaxan preto de 100 militares da Brilat que conformarán o continxente multinacional European Trainning Mission Mali XXI.

A súa misión, de seis meses de duración, consistirá en "instruír, adestrar e asesorar" ás forzas armadas do país africano para que sexa "capaz e autosuficiente de poder xestionar" a súa seguridade, segundo explicou, o tenente coronel Ignacio Armada de Losada.

En concreto, despregarase na rexión de Kulikoró un continxente multinacional de aproximadamente 250 homes, a maioría do grupo táctico 'Zamora', baixo as ordes deste tenente coronel.

A semana que vén partirá o último grupo de soldados da brigada galega.

A maioría dos soldados que partían este martes contaban con experiencia en misións internacionais, unha circunstancia que non evitou as bágoas dos seus familiares no momento da despedida.