A confraría de pescadores e mariscadores de Cambados, en colaboración co proxecto Plancton que impulsa a Obra Social de Afundación, retirou preto de catorce toneladas de residuos nos fondos da ría de Arousa, concretamente nas zonas onde este sector realiza a súa actividade diaria.
En decembro de 2022 instalouse no porto de Tragove un contedor que se baleira periodicamente. Dado o resultado da iniciativa, confraría e entidade bancaria renovaron a súa colaboración e actualmente continúan con esta acción.
Desde entón ata o de agora completáronse ata dez contedores que cifran esas catorce toneladas de lixo.
Durante a recollida adóitanse atopar útiles de pesca como restos de cabos, cordas, redes, boias, nasas, ou defensas de embarcacións que se extravían, pero tamén é habitual recoller outros residuos como toallas hixiénicas, envases de plástico, latas, botellas de vidro, briks, envoltorios, calzados e pezas téxtiles.
Plancton é unha iniciativa de sustentabilidade de Abanca e Afundación para promover entre todos os sectores sociais unha actuación responsable para garantir os recursos existenes sen poñelos en risco para futuras xeracións.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.