A Coordinadora en Defensa da Bici, ConBici, que inclúe a 61 asociacións de toda España, celebrará a súa reunión anual en Pontevedra cunha serie de actividades que se celebrarán entre o xoves 2 e o domingo 5 de novembro.
"O obxectivo era facer un programa no que as persoas da cidade poidan involucrarse", explicou Quique Pérez, representante da pontevedresa Pedaladas.
A programación da asemblea de ConBici é a seguinte:
-
Xoves 2
- Presentación do Plan Estratéxico Estatal da Bicicleta. (19:00) Presentación e promoción do PEEB de ConBici na cidade.
- Proxección do Documental: Sobre rodas. O soño do automóbil. (20:00)
-
Venres 3
- Paseo Modelo Urbano. Presentación con técnicos de Pontevedra sobre a transformación urbana cara a unha mobilidade enfocada ao peón.
- Pedalada Familiar Nocturna desde a Praza da Peregrina (20:00).
-
Sábado 4
- Presentación da Asemblea coa alcaldía. Pontevedra Modelo Urbano. (9:00) Presentación e apertura da Asemblea de ConBici.
- Rúa 30 en bicicleta. (13:30) Ruta urbana polas rúas de Pontevedra para examinar as estratexias de acougado de tráfico e seguridade viario adoptadas no municipio.
-
Domingo 5
- Cicloturismo BTT Salinas de Ullo (10:00).
- Coñece Pontevedra en bicicleta (16:30). Paseo turístico pola cidade.