Catro mulleres feridas por inhalación de fume nun incendio en Poio

Poio
21 de novembro 2019

Segundo informou a Policía Local de Poio, o suceso tivo lugar sobre as nove da mañá deste xoves. Ardeu un aparello deshumidificador que quedou completamente calcinado

Incendio dun deshumidificador nunha vivenda de Poio
Incendio dun deshumidificador nunha vivenda de Poio / Policía Local de Poio

Catro mulleres foron trasladadas ao Hospital Montecelo por inhalación de fume nun incendio urbano rexistrado no segundo piso dunha vivenda da Rúa Saíñas, na parroquia de San Salvador, en Poio.

Segundo informou a Policía Local de Poio, o suceso tivo lugar sobre as nove da mañá deste xoves. Ardeu un aparello deshumidificador que quedou completamente calcinado.

As persoas trasladadas polo 061 son unha nai, a súa filla e dúas irmás da nai, todas elas entre os 50 e 70 anos de idade.

A Policía Local sinala que non houbo moitos danos na vivenda. Os efectivos de Protección Civil ventilaron a vivenda, de tres plantas, na que viven estas persoas xunto a máis familiares.

 

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora