Catro persoas feridas nun accidente na rotonda de Cambados-Dena

O Salnés
05 de maio 2024

No impacto entre dous turismos, un deles causaba danos nun muro dunha vivenda privada. O accidente producíase na mañá deste domingo 5 de maio. As persoas feridas foron trasladadas ao Hospital Quirón Salud de Pontevedra

O muro contra o que impactaba o BMW
O muro contra o que impactaba o BMW / Servizo de Emerxencias

Catro persoas foron trasladas ao Hospital Quirón Saúde de Pontevedra ao sufrir danos nun accidente de tráfico que se rexistraba na mañá deste domingo 5 de maio na rotonda de Cambados-Dena, no municipio de Meaño.

Segundo informa o servizo de Emerxencias do Concello de Cambados que se trasladaba ata a zona para auxiliar ás persoas feridas nos dous vehículos implicados no impacto.

O condutor do Megane sufría dor lumbar e no BMW en que viaxaban cinco persoas, dúas resultaban ilesas, mentres que unha queixábase dun golpe na cara; outra presentaba unha ferida na cabeza e dor torácico e, por último, unha terceira persoa queixábase de dor lumbar, dorsal e nas cadeiras.

Segundo testemuñas presenciais, o Megane circulaba pola rotonda facendo un cambio de sentido. O BMW entrou na rotonda golpeándolle e, ao mesmo tempo, o vehículo saía despedido cara a un muro dunha propiedade privada causando diversos danos.

Ata o lugar acudían, ademais de integrantes de Emerxencias de Cambados, persoal de ambulancia do 061; Garda Civil de Tráfico, Emerxencias Sanxenxo e efectivos de Mantemento de Estradas.