Cayetano Rivera, El Fandi e José María Manzanares tourearán o 14 de agosto en Pontevedra

Pontevedra
27 de xuño 2016

Apenas faltan uns días para que os organizadores da Feira Taurina da Peregrina desvelen o cartel deste ano, pero aos poucos vanse coñecendo xa algún dos nomes que estarán na praza de Pontevedra o próximo mes de agosto. Así, o domingo 14, o coso de San Roque reunirá a tres dos destros con maior proxección mediática

'El Fandi' toureando de xeonllos
'El Fandi' toureando de xeonllos / Diego Torrado

Apenas faltan uns días para que os organizadores da Feira Taurina da Peregrina desvelen o cartel deste ano, pero aos poucos vanse coñecendo xa algún dos nomes que estarán na praza de Pontevedra o próximo mes de agosto.

Aínda que as negociacións leváronse con bastante segredo, PontevedraViva puido saber que o domingo 14 de agosto o coso de San Roque reunirá a tres dos destros con maior proxección mediática.

Un deles é Cayetano Rivera Ordoñez, cuxa web oficial confirma a súa presenza en Pontevedra. Será o seu regreso a San Roque, dez anos despois da súa primeira faena na cidade.

Xunto a el estará outro dos destros que proceden dunha das sagas máis destacadas do mundo taurino, José María Manzanares. No seu caso, o alacantino volve tourear en Pontevedra despois de saír pola porta grande en 2011.

Completa o cartel para esta xornada, un dos habituais da praza pontevedresa: David Fandila "El Fandi". Desde 2007, o toureiro granadino non falla no cartel da feira.

Nos próximos días coñecerase o cartel completo da Feira da Peregrina.