CC.OO. e UGT convocan unha concentración contra as políticas de austeridade

Pontevedra
01 de abril 2014

O acto de protesta será o xoves 3 de abril na Praza da Peregrina a partir das 20.00 horas e vai centrarse en demandar medidas para crear emprego

José Luis García Pedrosa e Ramón Vidal, secretarios comarcais de CC.OO. e UGT
José Luis García Pedrosa e Ramón Vidal, secretarios comarcais de CC.OO. e UGT / PontevedraViva

Os pontevedreses volven estar convocados polos sindicatos UGT e CC.OO. para participar nunha concentración que se vai desenvolver este xoves 3 a partir das 20.00 horas na praza da Peregrina contra as políticas de austeridade que se desenvolven dende o Goberno español, dentro dunhas protestas de ámbito europeo.

"A economía non reflota" indicou Ramón Vidal, secretario comarcal de UGT, durante a presentación desta concentración que realizou acompañado polo secretario comarcal de CC.OO., José Luis García Pedrosa. Ambos os dous insistiron en que os salarios diminuíron e "só dan para subsistir".

Por este motivo convocan aos cidadáns a participar contra as políticas baseadas nos recortes e apóstese por outras como as "empregadas en Estados Unidos para saír da crise", segundo apuntou García Pedrosa, que reclama tamén medida para crear emprego: "se non se trata de favorecer os sectores máis desfavorecidos, non vamos a ningún lado".

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora