As choivas intensas dos últimos días e, sobre todo, as deste venres 14 de novembro deixaron o patio e o comedor do CEIP A Xunqueira 1 completamente alagados.
Desde a ANPA deste colexio público pontevedrés denuncian que "o comedor e o pavillón quedan completamente inutilizados cada vez que chove" por esas inundacións das que culpan á falta de mantemento no centro.
As familias denuncian que esta situación afecto ao normal funcionamento do centro. Este venres, por exemplo, o comedor tivo que trasladarse ao ximnasio para poder garantir un serivicio "fundamental" para moitas familias.
Desde a asociación de nais e pais insisten en que xa pediron "moitas veces" que se solucione a situación, pois, cando as choivas son abundantes, "adóitase alagar bastante o patio e o comedor".
Pedírono por escrito ao Concello de Pontevedra e a Xunta de Galicia, pois "os nenos teñen que ter comedor e, cada vez que se alaga, as monitoras do comedor teñen que secalo coa fregona", pero este venres a situación foi a máis e a auga "subía por encima dos nocellos" aos estudantes.
"Acaba de empezar o inverno e xa estamos así", quéixanse, pois o comedor é fundamental para garantir a conciliación de moitas familias e esta situación é "un trastorno".
Tamén "queda inutilizado completamente" o pavillón porque non se pode acceder a el pola acumulación de auga no exterior e, a pesar de que xa lles prometeron que se buscarían solucións como unha pasarela para acceder, o problema continúa cada vez que chove en abundancia.
Insisten en que leva "varios anos" pedindo esas solucións porque "xa non é a primeira vez que pasa" e pon o foco nesa falta de mantemento.
Ademais, indican que o mantemento "nulo" deste centro vese tamén nas pintadas do pavillón e o estado da pintura exterior do centro, pois leva "máis de 20 anos" sen pintarse.
"Non se pode ter así o colexio tan abandonado", insisten, e denuncian que "xa é unha situación que non se pode soster", pois "é ridículo que se alague o comedor, que teñan que secalo, cambiar aos nenos de sitio...". O seu cansazo é total. "Xa non podemos máis".

Inundacións no CEIP A Xunqueira 1 o 14 de novembro