O Concello da Lama conmemorou este domingo, 15 de decembro, o centenario da construción da súa Casa Consistorial cun emotivo acto no que se homenaxeou a todos os membros das corporacións municipais democráticas desde 1979.
O alcalde da Lama, David Carrera, xunto co delegado da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, presidiu unha cerimonia que comezou cunha conferencia do historiador José Benito García, quen revelou datos inéditos sobre a construción do edificio.
Segundo explicou, o proxecto, aprobado en 1917 baixo a alcaldía de Lino Contreras Moreira, tivo un orzamento inicial de 25.000 pesetas que finalmente superou as 30.000, e a súa execución prolongouse durante seis anos ata 1924.
Un dato curioso desvelado polo historiador é que o edificio, deseñado polo arquitecto modernista Antonio López Hernández, membro do movemento Art Nouveau da Coruña, nunca tivera unha inauguración oficial ata hoxe, xa que as dependencias fóronse ocupando paulatinamente polo Consistorio e o Xulgado.
Durante o acto, o alcalde David Carrera impuxo a insignia do Concello aos concelleiros e concelleiras que formaron parte dalgunha Corporación Municipal desde o inicio da democracia, agradecendo o seu labor en beneficio da veciñanza. Tamén se gardou un minuto de silencio polos edís falecidos, entre eles, o anterior alcalde, Jorge Canda, que finaba o 1 de setembro deste 2024.
O momento máis solemne da xornada produciuse cando o alcalde e o concelleiro de maior idade, Horacio Cal Carrera, descubriron unha placa conmemorativa na fachada do edificio, mentres a Banda de Música Municipal da Lama interpretaba o himno de Galicia.
A celebración concluíu cunha fotografía de familia dos homenaxeados e un ágape na planta baixa do Consistorio, un espazo que curiosamente albergou os calabozos de homes e mulleres do Xulgado no ano 1924.

Acto de celebración do centenario do Consistorio da Lama