Centos de persoas visitan SaldoMarín na busca dos mellores produtos de oferta

Marín
03 de agosto 2014

Roupa de home, muller ou neno, artesanía, óptica, complementos do fogar, deportes, plantas... Miles de artigos a disposición dos marinenses con descontos mínimos do 50% en cada un destes produtos. ÿ o que ofreceu durante toda a fin de semana a oitava edición do Salón de Oportunidades de Marín

Asistentes á oitava edición da feira de oportunidades SaldoMarín
Asistentes á oitava edición da feira de oportunidades SaldoMarín / Diego Torrado

Roupa de home, muller ou neno, artesanía, óptica, complementos do fogar, deportes, plantas... Miles de artigos a disposición dos marinenses con descontos mínimos do 50% en cada un destes produtos. ÿ o que ofreceu durante toda a fin de semana a oitava edición do Salón de Oportunidades de Marín (SaldoMarín).

Unha carpa de 500 metros cadrados, situada na Alameda, acolleu unha trintena de expositores, dos cales tres de cada catro eran do propio municipio. Por eles pasaron centos de persoas interesados en encontrar a mellor oferta.

Organizada pola asociación de comerciantes Estrela de Marín, SaldoMarín contou ademais con numerosas actividades paralelas dirixidas aos máis pequenos como a visita dun pallaso á carpa ou un espectáculo de maxia a cargo do Mago Paco.