Os centros educativos da Lama, Fornelos e Cerdedo-Cotobade celebran o Encontro Letras na Praza

Cerdedo-Cotobade
23 de abril 2025
Actualizado: 17:42

Os alcaldes de Cerdedo-Cotobade e A Lama, Jorge Cubela e David Carrera, asistiron ao evento e salientaron a importancia de formentar o intercambio deste tipo de experiencias educativas

Encontro das Letras na Praza
Encontro das Letras na Praza / Concello de Cerdedo-Cotobade

O CEIP de Carballedo converteuse no Día do Libro no anfitrión da segunda edición do Encontro Letras na Praza que reúne ao alumnado e ao corpo docente dos centros educativos de Infantil e Primaria de A Lama, Fornelos de Montes e Cerdedo-Cotobade para realizar conxuntamente actividades lúdicas, musicais e culturais.

Esta actividade contou coa presenza dos alcaldes de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, e da Lama, David Carrera, así como os tenentes de alcalde Fernando Vázquez e Lourdes Ovelleiro e o concelleiro Bruno Portela.

Os alcaldes felicitaron aos centros educativos por esta iniciativa e salientaron a importancia de fomentar este tipo de encontros e intercambios de experiencias educativas protagonizados por nenos da comarca.

Encontro das Letras na Praza
Encontro das Letras na Praza

O alumnado dos diferentes centros foron chegando en autobuses ata as inmediacións do CEIP de Carballedo donde foron recibidos polo equipo docente e organizador deste evento dándolles paso ao recinto escolar onde tiveron lugar as actividades entre as que destacan os obradoiros de marcapáxinas, chaveiros, libros de autor, tendal artístico, robótica, etc.

Ás 11 da mañá tivo lugar a posta en escena por parte do alumnado de 2ª EP da obra "O lobo con botas", do Hematocrítico, un contacontos dramatizado.

Posteriormente, representouse a obra "Os superheroes chegan a Carballedo" protagonizado polo alumnado de 6ª EP enmarcada no PDI Carballedo, escola de superheroes.

Despois da merenda do mediodía chegou o espectáculo "Cantaxogos", con Migallas, unha actividade teatral e musical onde foron interpretadas varias cancións na lingua galega ao ritmo de rock, cumbia, rap, reagge, pasodobre, rumba, fusión étnica, etc.

Migallas
Migallas

Ao rematar este espectáculo produciuse a despedida do alumnado que volveron coller os seus respectivos autobuses para regresar aos seus centros educativos despois de gozar dunha xornada de convivencia educacional.