Cerdedo-Cotobade disporá xa este ano de dúas vivendas sociais

Cerdedo Cotobade
26 de xuño 2018

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda financia con máis de 1,1 millóns de euros as obras necesarias para acondicionar os 10 inmobles, destinados ao alugueiro para fogares con ingresos limitados

Ethel Vázquez visita a rehabilitación das casas dos mestres en Cerdedo-Cotobade
Ethel Vázquez visita a rehabilitación das casas dos mestres en Cerdedo-Cotobade / Xunta

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, avanzou este martes no Concello de Cerdedo-Cotobade, que a finais de este ano estarán rematadas as obras de rehabilitación de dúas antigas casas de mestres destinadas a vivendas sociais, ás que se sumarán as oito pendentes de rehabilitar, e cuxa licitación está prevista tamén para este mesmo 2018.

Etheñ Vázquez, acompañada polo rexedor municipal, Jorge Cubela, supervisou as obras de rehabilitación e ampliación das vivendas, que destacarán pola eficiencia enerxética.

A conselleira detallou que as obras a efectuar consisten na rehabilitación das vivendas existentes, que incluirán unha pequena ampliación en planta baixa e serán dotadas dunha zona para lavadoiro-tendal no patio.

Ethel Vázquez enmarca esta iniciativa na estratexia de rehabilitación do Goberno galego, que persegue un triplo obxectivo social, de potenciación do medio rural e de reactivación económica.