O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, amosou a súa satisfacción polo interese que desperta este concello do interior da provincia de Pontevedra non so polo seu proceso de fusión senón polas distintas actuacións, beleza paisaxística, tesouros etnográficos e arquitectónicos e toda unha serie de cuestións que inspiran nos ambientes universitarios varios Traballos de Fin de Grao (TFG) ou mesmo teses doutorais.
Este interese polas peculiaridades do concello de Cerdedo-Cotobade tamén se extende a literatura con varios libros ambientados ou referenciados neste municipio e mesmo traballos de comunicación ou gravacións audiovisuais que escollen como marco a beleza paisaxística dos distintos espazos territoriais.
Segundo manifestou o alcalde, Jorge Cubela “nos últimos tempos estanse incrementando as demandas de estudiosos ou alumnos de diversas universidades que fixan o seu interese para preparar aos seus TFGs ou mesmo teses doutorais en Cerdedo-Cotobade. Sei que son moitos os Traballos de Fin de Grao que se están a defender en diversos ámbitos universitarios entre eles cónstame que unha arquitecta fixou un sobre a Concello de Cerdedo-Cotobade rehabilitación do lugar dos Castros, na parroquia de Quireza, outros dous arquitectos máis tamén escolleron o patrimonio de Cerdedo-Cotobade para aplicar os seus coñecementos e elaborar os seus respectivos traballos de fin de carreira. Un deles moi interesante baixo o título “Paisaxes Marxinais: Cotobade-lóxicas urbanas dun territorio post-rural”.
Todo este proceso, significa Cubela, “xurde de xeito espontáneo, ao marxe doutro tipo de iniciativas inspiradas ou impulsadas pola propia Xunta de Galicia e as tres Universidades galegas e que se centran en estudiar o pioneiro proceso de fusión experimentado con valentía polo noso terriotorio e que sirve de refencia para toda España senón que desde diversos ámbitos do saber prodúcese un interese do propio alumnado e dos equipos docentes en centran en Cerdedo-Cotobade os obxectos dos seus TFGs ou teses doutorais”.
O alcalde confirmou que “é cada vez máis asidua e intensa a demanda de información ao Concello para afrontar este tipo de traballos ou mesmo para documentar diversos relatos literarios inspirados nalgunha lenda ou mesmo feitos históricos e que precisan da colaboración dos técnicos municipais para recabar este tipo de información. Tampouco é raro ver as cámaras dalgunha televisión non so autonómica senón con cobertura española realizando algunha reportaxe ou mesmo entrevistando a algún persoeiro cuxa actividade o referencia ou relaciona co noso concello”.
Jorge Cubela lembrou que recentemente dous alumnos da Facultade de Comunicación Audiovisual da Universidade da Coruña solicitaron a colaboración do Concello para levar a cabo unha curtametraxe ambientada en Cerdedo-Cotobade e co problema da pandemia da Covid-19 de fondo desde un enfoque moi particular por parte dos autores deste traballo. “Por suposto colaboramos e axudamos, nas medidas das nosas posibilidades e disposicións a todo o mundo e seguiremos facéndoo”, dixo Cubela
Para o rexedor “todo isto ten que significar algo importante e que vén a referenciar que estamos no bo camiño de dinamización e reivindicación do noso, potenciando e promocionando a nosa imaxe exterior dun xeito activo e positivo que nos vai valer moito non so desde o punto de vista da autoestima senón como mascarón de proa para atraer visitantes e Concello de Cerdedo-Cotobade converternos en polo de atracción de toda a comarca de Terras de Pontevedra”.
Finalmente, Cubela salientou que “os que apostamos de verdade polo rural e combatimos o despoboamento temos ben claro que os nosos pobos teñen futuro e non nos resignamos a deixar de traballar e pelexar. Non baixamos nin baixaremos nunca as mans para seguir polo camiño da conquista diaria do noso futuro”, indicou o alcalde de Cerdedo-Cotobade.