Cerdedo-Cotobade pecha as contas do 2022 cun remanente de 1,1 millóns de euros

Cerdedo Cotobade
10 de abril 2023

O alcalde, Jorge Cubela, destacou que o Concello ten unha "débeda cero" con entidades bancarias o que, segundo manifestou, "dá boa mostra da excelente xestión económica realizada"

Pepa Pardo e Jorge Cubela
Pepa Pardo e Jorge Cubela / Mónica Patxot

O Concello de Cerdedo-Cotobade pechou a execución orzamentaria do ano 2022 cun remanente de tesourería de 1.113.000 euros.

O alcalde, Jorge Cubela, destacou que o Concello ten unha "débeda cero" con entidades bancarias o que, segundo manifestou, "dá boa mostra da excelente xestión económica realizada".

Cubela sinalou que a liquidación orzamentaria do exercicio correspondente ao ano 2022 partiu dun orzamento duns 4 millóns de euros e que se acadaron partidas definitivas por importe próximo aos 7 millóns de euros.

O alcalde valorou moi positivamente os resultados do ejercicio económico do 2022 e manifestou que "seguimos xestionando un concello solvente que non so é capaz de atender todos e cada un dos seus compromisos cos seus proveedores senón que tamén é quen de manter en perfecto estado de funcionamento os servizos públicos".