Cerdedo-Cotobade renova toda a trama de pistas e camiños do lugar de Barro

Cerdedo Cotobade
03 de decembro 2018

As obras consistiron no formigonado de toda a trama interna de pistas e camiños da aldea co obxectivo de garantir a axeitada mobilidade dos veciños. Tamén se instalaron en todo o lugar canalizacións de augas, cubertas con rexiñas nos puntos de paso e caixas de rexistro para favorecer a recollida de pluviais e evitar a escorrentía das augas

Camiños renovados no lugar de Barro
Camiños renovados no lugar de Barro / Concello de Cerdedo-Cotobade

Ata 120.000 euros investiu o goberno municipal para acometer a mellora integral da rede viaria do lugar de Barro, en Cerdedo, e a dotación dunha rede de recollida de pluviais. 

As obras consistiron no formigonado de toda a trama interna de pistas e camiños da aldea co obxectivo de garantir a axeitada mobilidade dos veciños.

Tamén se instalaron en todo o lugar canalizacións de augas, cubertas con rexiñas nos puntos de paso e caixas de rexistro para favorecer a recollida de pluviais e evitar a escorrentía das augas.

Este proxecto está recollido nun lote de obras que tamén contempla a mellora da pavimentación, o ensanche e a construción de muros de contención, por cuestións de seguridade e para evitar danos das choivas ás pistas pola forte pendente, na aldea de Chamadoira.

O Concello ten activado o Plan de Vías 2018-2019, que contempla 38 melloras en quince parroquias cun orzamento global de 1,4 millóns de euros.