Cerponzóns demanda medidas de seguridade vial na estrada N-550

Pontevedra
12 de decembro 2018

A Asociación de Veciños O Chedeiro de Cerponzóns trasladou a subdelegada do Goberno, Maica Larriba, a preocupación dos residentes nesta parroquia pola falta de seguridade vial na estrada nacional N-550

Estrada Nacional N-550
Estrada Nacional N-550 / Asociación O Chedeiro

A Asociación de Veciños O Chedeiro de Cerponzóns trasladou a subdelegada do Goberno, Maica Larriba, a preocupación dos residentes nesta parroquia pola falta de seguridade vial na estrada nacional N-550, especialmente nas dificultades que teñen para cruzar o vial. Pediron como solución pasos elevados ou a instalación dalgún semáforo.

Ademáis propuxeron a construción dunha rotonda na N-550, no linde entre a parroquia de Cerponzóns e a de Alba, no entroque coa PO-225.

Outra necesidade que lle trasladou o presidente desta asociación, Juan José Esperon, é a de crear outra rotonda nas inmediaciones do campo de fútbol de Chan do Monte, "a cantidade de vehículos que hai neste lugar fai que sexa baixo o noso punto de vista moi necesaria".

Doutra banda expuxeron a situación en que se atopa o tramo antigo da N-550 e a Ponte Malvar situado neste lugar, no que a día de hoxe estanse a reparar as barandillas.

A subdelegada informoulles que agora mesmo se están a levar a cabo traballos de mantemento nesta ponte. Maica Larriba trasladará estas demandas ao ministerio.