A asociación de veciños O Chedeiro segue dinamizando a vida social da parroquia de Cerponzóns durante a corentena. Despois de animar a retomar a tradición de confeccionar espantallo para combater o aburrimento do peche, agora propoñen outra celebración popular como a dos maios.
Dada a imposibilidade de celebrar a tradicional festa na Ferrería, desde a asociación queren que cada vivenda cre e adorne a súa propia estrutura para "celebrar a primavera, as primeiras flores, os primeiros froitos, que temos máis luz e a calor".
Piden a todos os participantes que envíen á asociación fotos dos seus maios, das súas coplas ou recordos de edicións anteriores para facer unha recompilación de todas elas nas redes sociais da asociación e así compartilo con todos os veciños e seguidores. "Que ninguén quede sen vivir este maio", rematan.