Cerveza, música e bo ambiente para celebrar San Patricio por todo o alto

Pontevedra
17 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

A carpa de San Patricio volveu a ser un dos grandes reclamos do lecer pontevedrés durante toda esta fin de semana. A festa, organizada polo Mareantes Rugby Club, encheu a Praza de España de centos de persoas desexosas de brindar coa mellor cervexa

Festa de San Patricio na Praza de España
Festa de San Patricio na Praza de España /

A carpa de San Patricio volveu a ser un dos grandes reclamos do lecer pontevedrés durante toda esta fin de semana. A festa, organizada polo Mareantes Rugby Club, encheu a Praza de España de centos de persoas desexosas de brindar coa mellor cervexa.

Durante toda a xornada do sábado, a afluencia de público foi constante.

A pesar das choivas que caeron sobre a cidade ao longo do día, os pontevedreses seguiron sendo fieis a esta cita e non se perderon o encontro anual con esta tradición de San Patricio.

Ademais, como todos os días, os asistentes puideron gozar de concertos en directo, nesta ocasión, a cargo de Movilla y los irrepetibles e Gin Tonis.

O Mareantes aínda abrirá a carpa de San Patricio este domingo, a partir da unha da tarde.