CGT pide unha loita en unidade contra o paro, a precariedade e a exclusión social

Pontevedra
01 de maio 2023

Este sindicato realizou unha marcha desde o Hospital Provincial ata a Subdelegación do Goberno durante este 1º de maio

Miguel Ángel Cuña, secretario xeral da CGT en Pontevedra, durante a manifestación do 1º de maio
Miguel Ángel Cuña, secretario xeral da CGT en Pontevedra, durante a manifestación do 1º de maio / Cristina Saiz

"Reivindicamos traballo". A CGT saía este 1º de maio ás rúas de Pontevedra con esta proposta e reclamando unha loita en unidade para enfrontarse ao paro, a precariedade e a exclusión social.

Esta central sindical demanda á cidadanía a defensa da sanidade pública, a educación pública e o sistema público de pensións cun compromiso baseado na igualdade e a solidariedade.

A súa proposta céntrase nunha acción conxunta, asemblearia, sen xefaturas nin burocracias, en contra das discriminacións e os privilexios de determinados sectores sociais.

A manifestación da CGT foi a cuarta marcha sindical organizada nesta xornada en Pontevedra e partía ás 12.45 do Hospital Provincial para finalizar na Subdelegación do Goberno.