A agrupación Prosagal decidiu volver a convocar unha protesta na rúa ante o peche de camas previsto pola xerencia do Complexo Hospitalario de Pontevedra para os meses de verán.
Polas comunicacións que o xerente José Ramón Gómez trasladou ao persoal dos hospitais de Pontevedrae e O Salnés está previsto que en xuño se pechen as nove camas da unidade de lactantes. Durante a primeira quincena de xullo pecharanse 52 camas, entre lactantes, medicina interna do Hospital Provincial e Pneumoloxía. Na segunda quincena e en agosto, a previsión é sumar tamén trauma impar do Hospital Montecelo. En total serían 83 camas.
Durante o mes de setembro manteríanse sen actividade 52 camas e en outubro quedarían só inactivas as camas de lactantes.
Carolina Iñarrea, presidenta de Prosagal, indicaba que esta decisión faise co único motivo de aforrar e alertou de que non hai un descenso da actividade durante os meses de verán. Afirman que o que se rexistra, durante ese período, son ausencias do persoal que quere gozar das súas vacacións estivais e a administración non quere contratar máis profesionais para sustiuílos. Esta situación provoca que 300 traballadores véxanse obrigados a recolocarse noutros departamentos que non son os seus, segundo apuntaba Iñarrea.
Prosagal lamenta que a xunta de persoal non se manifeste ante esta nova decisión de pechar camas no verán e lanzan un chamamento para que se somen á súa protesta tanto sindicatos como colectivos veciñais. A marcha será o 16 de maio ás 20.30 horas. Partirá da Praza de España para rematar ante o Hospital Provincial.
Enma Rodríguez, representante do sindicato SATSE, manifiesta que polo momento na xunta de persoal carecen de datos sobre un peche de camas que, afirma, se produce todos os veráns. Apunta que cando teñan coñecemento das cifras concretas cada sindicato avaliará a decisión.
Pregúntanse tamén por que os hospitais privados manteñen activas todas as súas camas durante o verán e aumenta a súa actividade cirúrxica, acollendo aos pacientes que proceden da sanidade pública.
Este colectivo de profesionais denuncia además que a situación durante estes días de abril volve ser preocupante no servizo de Urxencias, que se atopa colapsado, sen espazo para os pacientes nin para as ambulancias que chegan a Montecelo.
RESPOSTA DA XERENCIA DOS HOSPITAIS
Pola súa banda, a xerencia dos hospitais públicos de Pontevedra lembra que o plan de reordenación de recursos asistenciais é o que permite xestionar de forma eficiente as vacacións regulamentarias dos profesionais e que está garantida a seguridade dos pacientes e a calidade asistencial. Xustifican este plan polos menores índices de ocupación hospitalaria durante os meses de verán.
En calquera caso, mantén que a totalidade das camas de Montecelo e do Provincial atópanse a disposición de profesionais e pacientes para dar resposta a calquera incremento da demanda que xurda.
Desde o Sergas, indican tamén que os hospitais públicos de Pontevedra e do Salnés durante o verán de 2017 mantivo operativos máis do 91% dos seus recursos asistenciais.