Chega a Mapping Party Poio'15

Poio
03 de abril 2015

A asociación Xeopesca, organiza para o vindeiro sábado 11 de abril, a Mapping Party Poio⿿15a>, no Centro Xaime Illa de Raxó (Poio) co obxectivo de mellorar a cartografía da contorna marítima do Concello de Poio en OpenStreetMap

Raxó en Google Maps
Raxó en Google Maps / GoogleMaps

Que é unha Mapping Party?, preguntaranse moitos lectores. As mapping party son encontros de persoas con intereses comúns no proxecto OpenStreetMap, nos datos xeográficos e na cultura libre. Estas persoas interesadas nestas iniciativas reúnense para cartografar de forma colectiva un determinado espazo. E iso é o que vai suceder o próximo sábado 11 de abril en Raxó (Poio).

A asociación XeoPesca organiza para esa xornada no Centro Xaime Illa de Raxó la Mapping Party Poio⿿15 co obxectivo de mellorar a cartografía do ámbito marítimo do Concello de Poio en OpenStreetMap.

A partir das 10.00 horas preséntanse as actividades coa organización de equipos ara realizar a cartografía das zonas determinadas. Entre as 11.00 e as 14.00 horas desenvolverase o traballo de campo con explicacións de como empregar a aplicación osmAndroid. Tras unha parada para a comida, ás 16.00 horas traballarase con computadoras para envorcar os datos obtidos.

A xornada ten carácter gratuíto, pero é necesario inscribirse previamente a través dun formulario habilitado ao efecto. O número de participantes está limitado a 25 coa intención de facilitar o bo desenvolvemento das actividades. As prazas serán cubertas por orde de inscrición. Dende a organización recoméndase aos interesados que porten dispositivos GPS, teléfono con GPS e cámara dixital. Estes encontros buscan tamén a integración entre expertos e principiantes que queren contribuír ao proxecto colectivo OpenStreetMap para aumentar o número de datos xeográficos libres.

O evento poderá seguirse a través das redes sociais coa etiqueta #mappingpartypoio, tanto empregando a conta de twitter ou a páxina de facebook de XeoPesca.

Esta actividade está organizada pola Asociación de software libre XeoPesca e conta coa colaboración da Concellaría de Cultura de Poio e das asociacións SCD Raxó e ACDeM Armadiña.