Chega ao Parlamento a reivindicación das obras incompletas do Froebel

Pontevedra
15 de maio 2015

A deputada socialista, Patricia Vilán, advirte que a Xunta leva dous anos coa actuación paralizada e a medio rematar

Estado do Colexio Froebel, segundo a Xunta
Estado do Colexio Froebel, segundo a Xunta / Xunta de Galicia

A deputada socialista Patricia Vilán levou ao Parlamento a paralización das obras do CEIP Froebel de Pontevedra, que levan dous anos paralizadas e a medio rematar. Vilán presentou unha proposición non de lei para pedirlle á Xunta que habilite unha partida do orzamento de 2015 para rematar antes do verán coas obras comprometidas no centro.

Vilán lembra que a Consellería de Educación ten comprometido, dende o ano 2011, un investimento de 1,8 millóns de euros para a reforma integral do colexio, que debería estar rematada en 2013. Das tres fases previstas, só foi rematada a primeira e parte da segunda, deixando o investimento en apenas 800.000 euros, menos da metade do total previsto, acumulando un importante retraso e serias dúbidas sobre o seu remate.

Advirte que, de acordo co xefe territorial de Educación, as obras realizadas na segunda fase, unha “chapuza” de carpintería, cambio de fiestras e armarios, previstas para o verán de 2014, vense adiadas ata 2016, e as obras da terceira fase “non se sabe cando se farán”.

Por este motivo a deputada socialista quere que o PP vote no Parlamento para pedirlle á Xunta que habilite unha partida nos orzamentos deste mes o ano e que remate as obras antes da finalización do curso escolar.

Engade que “en defecto do anterior, que toda a obra estea contida no orzamento de 2016 para que as obras prometidas no CEIP Froebel de Pontevedra sexan rematadas no mes de maio de 2016.