Chegan os becarios ás oficinas de turismo da provincia

Pontevedra
09 de xuño 2015

28 graduados e diplomados en turismo e técnicos superiores en información e comercialización turística, guía, información e asistencia turística comezarán a traballar  a partir do 15 de xuño oficinas de turismo da provincia

Recepción aos bolseiros que traballarán nas oficinas de turismo
Recepción aos bolseiros que traballarán nas oficinas de turismo / Mónica Patxot

28 graduados e diplomados en turismo e técnicos superiores en información e comercialización turística, guía, información e asistencia turística comezarán a traballar  a partir do 15 de xuño oficinas de turismo da provincia.  Este martes mantiveron unha reunión de traballo na Deputación provincial.

A contratación destes bolseiros, reforzará a  promoción e turística durante catro meses (do 15 de xuño ao 15 de outubro).

Co obxectivo dunha mellor organización e coordinación dos servizos e recursos turísticos, estes novos guías desenvolverán as súas tarefas seguindo as indicacións do servicio de Turismo Rías Baixas para unha mellor promoción dos destinos e atención saos visitantes.

Estes 28 informadores turísticos súmanse aos 17 mozos que ao abeiro do Plan de Práctica Laboral xa están traballando noutras oficinas da provincia dende o pasado mes de abril.