Chegou unha nova edición de Animatrón ao parque das Palmeiras. Dende este martes 31 de xullo e ata o venres 3 de agosto, en horario de 18.00 a 21.00 horas, os máis pequenos teñen unha cita co xogo e diversión.
Actividades de animación, zancudos, pallasos, monociclistas, a ludoteca "Constrúe a túa nova cidade", inchables pu obradoiros de maquillaxe converterán ás Palmeiras no lugar preferido da cativada durante toda a semana.
Tamén haberá actuacións de Cé-Home Orquestra, Mago Leo Leliño, Noel espectáculo "Que curiosos" e xogos musicais.
Ademais, Animatrón ofrece obradoiros temáticos cada día con Tarde cavernícola, Son un artista, Olimpiadas para rir e Xogos populares galegos.