O verán xa está aquí, e chegou con sol e altas temperaturas que se manterán aínda nas próximas xornadas.
Así o prognostica MeteoGalicia, e así o testemuñaron as praias da comarca durante unha fin de semana na que a calor, con ata 30 graos de máxima, encheu os areais para gozar dos primeiros baños da tempada.
É unha das imaxes da fin de semana, a das praias cheas, algunhas ata case a bandeira, coincidindo ademais co inicio da tempada oficial marcada polos concellos.
Isto fixo que a gran maioría de areais prestase xa todos os seus servizos, con balizamentos, sosorristas e baños habilitados.
Foi así ao longo da ría e notouse nas estradas, con tráfico especialmente denso nas horas punta especialmente de retorno tras a xornada de praia. Un inicio de verán que moitos esperaban ansiosos.