Chequean o estado da ponte dos Tirantes que cumpre 24 anos

Pontevedra
22 de marzo 2019

O próximo día 13 de maio a ponte dos Tirantes cumprirá 24 anos. Este viaduto, do mesmo xeito que o resto dos que cruzan o río Lérez ao seu paso por Pontevedra, está a ser revisado

Inspección da Ponte dos Tirantes
Inspección da Ponte dos Tirantes / Mónica Patxot

O próximo día 13 de maio a ponte dos Tirantes cumprirá 24 anos. Este viaduto, do mesmo xeito que o resto dos que cruzan o río Lérez ao seu paso por Pontevedra, está a ser revisado. 

Aberto en 1995, esta ponte  atirantado forma parte destacada da imaxe da cidade. Foi obra dos  ingenieron Leonardo Fernández  Troyano e Javier  Manterola.

A circulación na ponte estivo cortada durante a xornada do xoves para ser sometido a unha análise exhaustiva do seu estado. 

Os técnicos revisaron o estado do taboleiro, dunha lonxitude total entre  estribos de 125 metros sen apoios intermedios. Igualmente houbo que empregar unha  grua para a inspección da torre de formigón armado de 63 metros de altura da que saen 17 pares de tirantes, os dianteiros suxeitando o taboleiro, e os traseiros apoiados en dúas bases de formigón en terra firme, actuando a modo de  contrapesos que equilibran os esforzos da torre.

Aínda que este corte de tráfico afectou negativamente á circulación rodada na contorna do río, desde o  Concello lembraron que se trata dunha medida necesaria contemplada dentro dun plan global do  Concello para revisar a seguridade e conservación das pontes urbanas.