Ciclistas e comuneiros abordarán nunha mesa redonda os "usos e abusos" do monte

Pontevedra
14 de xaneiro 2016

A Mancomunidade de Montes de Pontevedra ten especial interese en que o diálogo sexa construtivo e sirva de base a un entendemento que, evitando os abusos e os posibles danos, poida establecer un uso compatible de todos os interesados dentro do cumprimento da lexislación vixente

III Ruta BTTinto 2015

A aparición de obxectos e barreiras, mesmo trampas, que queren impedir o paso polo monte dos ciclistas, é algo cotiá.

Os ciclistas séntense directamente ameazados na súa integridade física, polo que celebraron concentracións e fixeron público un manifesto reclamando o seu dereito a circular polo monte sen atrancos, acusando a comuneiros e cazadores de querer impedilo.

Algúns mesmo chegaron a cuestionar o dereito das comunidades sobre o monte veciñal.

Ante este conflicto, a Mancomunidade de Montes de Pontevedra, na súa última asemblea, acordou celebrar una mesa redonda sobre os usos do monte e os abusos que se producen, buscando o xeito de compatibilizar os primeiros e evitar os segundos.

Será este sábado 16 de xaneiro, desde as 10,30 da mañá no Salón de actos do Pazo da Cultura de Pontevedra

Será este sábado 16 de xaneiro, desde as 10.30 da mañá no Salón de actos do Pazo da Cultura de Pontevedra.

Nesta mesa redonda participarán o presidente da Asociación Ciclista Pedaladas, Manuel Torres; o presidente da Federación de Caza de Pontevedra, Francisco Couselo; o sarxento do Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) da Garda Civil, José Luís de la Fuente; a xefa do Servizo de Montes da Consellería de Medio Rural, Amalia Pazos; o secretario da Mancomunidade de Montes de Pontevedra, Xosé Carlos Morgade, e o xurista experto en monte veciñal, Calixto Escaríz.

A Mancomunidade de Montes de Pontevedra ten especial interese en que o diálogo sexa construtivo e sirva de base a un entendemento que, evitando os abusos e os posibles danos, poida establecer un uso compatible de todos os interesados dentro do cumprimento da lexislación vixente.