O Parque Eguren de Marín será o espazo ao aire libre durante este próximo mes de agosto proxéctense tres películas de cinema e ofrézase unha actuación musical. Así o acordaron o Concello e a empresa Prisma que darán comezo á iniciativa o venres 7 de agosto e continuarán os sábados 22 e 29.
A actividade será gratuíta e non será preciso sacar entrada para os visionados das películas, ás que poderán asistir as cerca de 400 persoas que supoñen o aforo máximo do Parque Eguren, segundo as medidas de seguridade marcadas pola situación sanitaria.
Polo momento, o que non transcendeu é a data da actuación musical, nin a cargo de quen será, pero si se sinala que virará ao redor das bandas sonoras do cinema.
Trátase doutra das propostas que a administración local pon en marcha neste contexto pandémico para dinamizar a actividade cultural en Marín, así como para favorecer ao comercio e a hostalería da localidade. Dada a tesitura sanitaria promóvense iniciativas de pequeno formato e contan con todas as medidas de seguridade e hixiene requiridas.