O ciclo Impacto na Contorna finaliza cunha camiñada polas Salinas

Vilaboa
06 de xuño 2026

O alumnado do CIP Plurilingüe de Riomaior participou nesta iniciativa solidaria vinculada ao coidado do medio ambiente, a convivencia e a responsabilidade social

Andaina solidaria polas Salinas
Andaina solidaria polas Salinas / Concello de Vilaboa

O ciclo de Impacto na Contorna do CIP Plurilingüe de Riomaior chegou ao seu fin cunha andaina solidaria ao redor das Salinas.

A xornada pon o broche a esta actividade, na durante os últimos meses o alumnado do colexio estivo a realizar proxectos vinculados ao coidado do medio, a convivencia e a responsabilidade social.

O servizo de Emerxencias e Protección Civil de Vilaboa velou en todo momento pola seguridade do estudiantado.

Os nenos e nenas estiveron vixiados para garantir o correcto e ordenado desenvolvemento da actividade.

Ao finalizar a andaina, o alcalde animou aos nenos e nenas a ser solidarios, coidar da contorna e gozar dun espazo tan singular como As Salinas.

Cada familia realizou unha achega dun quilo de alimentos.

Serán entregados ao departamento de Servizos Sociais para a súa distribución entre as persoas e fogares que se atopan en situación de emerxencia.