Cidadáns reclama máis iluminación nos bambáns de Campolongo

Pontevedra
10 de decembro 2019

O concelleiro de Cidadáns en Pontevedra, Goyo Revenga, afirma que tamén hai que mellorar os accesos a esta zona de lecer infantil, que cando chove convértense nun lameiral

Cidadáns critica a falta de iluminación do Parque de Campolongo
Cidadáns critica a falta de iluminación do Parque de Campolongo / Ciudadanos

"Os bambáns de Campolongo necesitan máis iluminación, a partir das 18 horas hai persoas alumando co móbil para que os seus fillos xoguen", asegurou o concelleiro de Cidadáns en Pontevedra, Goyo Revenga, quen lamenta que esta zona de lecer infantil, "das mellores da cidade", careza da iluminación necesaria "para que os pequenos se divirtan con seguridade".

Ademais o portavoz da formación laranxa queixouse do mal estado do chan que rodea a zona das randeeiras. Segundo sinalou "o céspede artificial é un acerto e drena ben a auga, o problema é que está rodeado de area que, cando chove convértese nun lameiral e isto dificulta o acceso a todo tipo de persoas e especialmente a aquelas que teñen que facelo en cadeira de rodas ou con cochecitos de paseo".

Revenga destacou que as melloras necesarias "para que este parque sexa excelente" son mínimas, "pero hai que levalas a cabo". 

Goyo Revenga considera que "un recinto para nenos debe contar con bos accesos, condicións óptimas de iluminación e un mantemento adecuado".