Cinco coches implicados nun accidente múltiple sen feridos en Chancelas

Poio
29 de xuño 2015

Foi na estrada PO-308, que comunica Pontevedra e Sanxenxo. O sinistro tivo lugar en Poio, na recta de Chancelas á altura do restaurante El Ancla. Segundo a versión ofrecida polo condutor implicado no accidente, o sinistro ocorreu ao intentar esquivar a outro coche que invadía o seu carril. Afortunadamente non houbo que lamentar danos persoais  

Colisión múltiple en Chancelas
Colisión múltiple en Chancelas

Ata cinco vehículos víronse implicados nun accidente múltiple na estrada PO-308, que comunica Pontevedra e Sanxenxo.

O sinistro tivo lugar en Poio, na recta de Chancelas á altura do restaurante El Ancla.

Segundo a versión ofrecida polo condutor implicado no accidente, ao intentar esquivar ao outro coche que invadía o seu carril, o condutor deste vehículo marca Rover deu un volantazo colidindo contra un Mercedes e un BMW que estaban estacionados na marxe da estrada.

Este primeiro impacto fixo saltar os airbags tapando a visión da estrada ao condutor que chocou en cadea contra outros dous turismos que tamén estaban aparcados.

Afortunadamente neste sinistro non houbo que lamentar danos persoais.