A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) poñerá en marcha desde este venres, día 11, unha campaña especial de control da taxa de alcoholemia e de consumo de drogas entre os condutores.
Durante cinco días, ata o martes día 15 incluído, axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil intensificarán os controis deste tipo nas vías galegas. Tamén se potenciará a colaboración cos concellos para efectuar controis en zonas urbanas, con especial incidencia nas zonas de lecer nocturno.
Na campaña destas características desenvolvida nas estradas galegas entre o 12 e o 14 de agosto do ano pasado realizáronse 8.151 controis de alcoholemia e 94 de drogas. Concluíron, respectivamente, con 154 e 48 denuncias.
A DXT detectou un cambio no comportamento dos condutores que supuxo un descenso significativo dos positivos detectados en controis preventivos de alcoholemia realizados nas estradas españolas no último decenio, pasándose dunha 5,1% inicial a un 1,6% na actualidade.
En todo caso, esta evolución non significa que se eliminou o risco. O obxectivo, tanto desta campaña especial como dos controis ordinarios, é proseguir nesta liña descendente. A única taxa segura, lémbrase, é o 0,0%.