Este venres tivo lugar na entrada do Concello de Pontevedra unha concentración en conmemoración do primeiro aniversario da guerra en Ucraína. Neste acto participaron o alcalde de cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, e numerosos concelleiros que forman parte dos dous partidos que compoñen o equipo de goberno do municipio.
Os edís, con Lores ao frente, gardaron cinco minutos de silencio. O alcalde, en declaraciones posteriores ao acto, puntualizou que "despois dun ano de guerra o que se ten demostrado é que as guerras non se solucionan máis que por vía diplomática".
Tamén incidiu en que "esta guerra o único que provoca é drama, mortos, xente desprazada e unhas consecuencias económicas que estamos sufrindo absolutamente todo o mundo" e pediu públicamente que "se fagan os esforzos máximos necesarios para conseguir a paz".
Lores concluiu as súas declaracións asegurando que "cantas máis armas, máis mortos. E ao final, a solución ten que ser diplomática".