Ciudadanos pide a instalación de pantallas para os concertos da Peregrina

Pontevedra
19 de agosto 2019

Goyo Revenga, representante municipal da formación, reclama que as festas teñan actividade nos barrios e que se instalen puntos de prevención da drogadicción, ademais de colectores de lixo e baños públicos en peñas

Goyo Revenga, representante municipal de Ciudadanos
Goyo Revenga, representante municipal de Ciudadanos / Mónica Patxot

O grupo municipal de Ciudadanos de Pontevedra realiza unha valoración positiva das festas da Peregrina, pero a través dun escrito reclama unha serie de melloras para vindeiras edicións. 

Goyo Revenga, representante municipal da formación polítiica, bota de menos a instalación de pantallas nos concertos multitudinarios das festas que se celebran na praza de España. Segundo sinala, "moitos pontevedreses que asisten aos concertos non conseguen ver o escenario e sería recomendable instalas pantallas". 

Tamén son necesarios, segundo este partido, crear puntos de prevención da drogadicción, así como colectores de lixo e baños públicos durante as festas de peñas e outros eventos de similares características. Revenga indica que o Concello debe pooñer os medios necesarios para que os botellóns causen o "menor disturbio aos veciños e ao medio ambiente". Reclama que se controle o consumo de sustancias estupefacientes por parte de menores de idade e que se realicen campañas de concienciación.

Ademais, Ciudadanos cre necesario que se espallen as festas ás zonas menos céntricas da cidade, especialmente a aquelas que carecen de festas propias, como A Parda, Pontevedra leste, San Antoniño ou Valdecorvos.