Ciudadanos pide ao Concello que envíe por correo máscaras de protección ás persoas desfavorecidas

Pontevedra
28 de maio 2020

A agrupación pontevedresa reclama pezas reutilizables para estas familias con escasos recursos económicos e para os centros sociais do rural, corpos de seguridade, residencias de maiores e colexios municipais

Goyo Revenga, concelleiro de Cidadáns
Goyo Revenga, concelleiro de Cidadáns / PontevedraViva

A agrupación de Ciudadanos Pontevedra, que encabeza Goyo Revenga, presentou un escrito instando o goberno local a adquirir máscaras reutilizables para envialas a través do correo ás persoas máis desfavorecidas do municipio.

Entenden que este material tamén debe destinarse desde o Concello a centros sociais das parroquias, colexios municipais, integrantes dos Corpos de Seguridade ou ás residencias de persoas maiores, ademais das familias con menos recursos económicos.

Ciudadanos Pontevedra solicita ademais que estas pezas sexan adquiridas a provedores do municipio co obxectivo de beneficiar ás empresas locais. Entenden que estas medidas facilitarán que os veciños obteñan estes  elementospara a loita contra a propagación do virus.