Ciudadanos Pontevedra condena as pintadas ameazantes a Carme da Silva pero rexeita tamén as súas acusacións sen probas

Pontevedra
19 de abril 2019

María Rey, representante municipal de Ciudadanos, lamenta a insinuación do Bloque Nacionalista Galego que relaciona estes incidentes coa defensa dos postos de traballo en Ence e condena a persecución do goberno local ao "traballo digno"

María Rey, no pleno municipal
María Rey, no pleno municipal / Mónica Patxot

A concelleira María Rey, portavoz de Cidadáns Pontevedra, expresou a súa condena ás pintadas aparecidas esta semana nas que se ameazaba á concelleira do BNG  Carme da Silva.

A representante de Cidadáns tamén lamenta que a propia candidata pola provincia do BNG ás eleccións xerais teña achacado sen probas este suceso a "esbirros de Ence" e relacione as pintadas coa defensa dos postos de traballo da empresa pasteira en Pontevedra.

María Rey afirma que tamén hai que condenar a persecución do traballo digno e o intento de humillación dos traballadores de Ence por parte do BNG-PSOE, que gobernan a Deputación de Pontevedra. 

No comunicado critica tamén que estas dúas agrupacións políticas non teñan proxecto para o próximos catro anos e que non se fagan propostas industriais nin de dinamización económica para o futuro do municipio.

Arquivado en