Empeza a ser xa un clásico dentro das accións dinamizadoras do Centro Comercial Urbano.
Zona Monumental presentou este luns unha nova edición da iniciativa 'Baila na Zona Monumental', que conta coa colaboración dos bailaríns locais Adrián Esperón e Patricia Martínez.
As 14 veces campións de España de baile deportivo converteranse unha vez máis en profesores de luxo para todos aqueles veciños que se atrevan a poñerse a bailar en plena rúa.
Tanto nenos como adultos poderán tomar parte de balde dunhas clases de baile que se celebrarán nesta ocasión en tres localizacións e xornadas diferentes, todas elas a partir das 20:30 horas.
A primeira cita con 'Bailar na Zona Monumental' terá lugar este martes 22 de agosto na praza de Curros Enríguez, a segunda o día 29 de agosto na praza de Méndez Núñez e a terceira e última queda reservada para o xoves 31 de agosto na Praza da Verdura.