Coa limpeza a man dos restos arqueolóxicos, o Campillo de Santa María loce ante os turistas

Pontevedra
27 de agosto 2019

Despois de segar a herba e cortar as especies enrededadeiras que baixaban polos muros ata Arcebispo Malvar xa se está a quitar as silveiras que se atopaban nos restos da muralla. Estes traballos son responsabilidade da Concellaría de Patrimonio Histórico que dirixe o edil do BNG, Xaquín Moreda.

Limpeza dos xardíns do Campillo de Santa María
Limpeza dos xardíns do Campillo de Santa María / PontevedraViva

Miles de turistas achéganse pola contorna de Santa María durante este verán. Alí observan os restos descubertos da muralla de Pontevedra na zona do Campillo. 

Durante estas xornadas está a finalizar a limpeza a man dos restos arqueolóxicos que se atopan nesta zona. Estes traballos son responsabilidade da Concellaría de Patrimonio Histórico que dirixe o edil do BNG, Xaquín Moreda.

Para levar adiante esta actuación foi necesario contar cun informe arqueolóxico no que se explicase en que ían consistir os traballos garantindo que se aplicarían técnicas non agresivas. Por este motivo, os operarios retiraban este martes cada silva e malas herbas coa man.

Antes destes últimos traballos, levou a cabo durante estes meses a roza de toda a herba e cortábanse as enredadeiras, que segundo o concelleiro, chegaban xa ata a rúa  Arcebispo Malvar. 

Tamén na última semana, os operarios levaron a cabo a limpeza de restos de lixo e matogueiras que se atopaban no xacemento situado en Valentín García Escudero, no que se atopan restos da muralla, así como da ponte do Burgo da época medieval e do dique do porto.