Coches eléctricos teledirixidos levarán aos máis pequenos ao quirófano do Quirónsalud

Pontevedra
20 de marzo 2019

O hospital Quirónsalud de Pontevedra súmase á iniciatica de utilizar coches eléctricos para levar aos pacientes máis pequenos ao quirófano e así reducirlles o medo, a tensión e a ansiedade

Entrega dos coches eléctricos no hospital Quirónsalud de A Coruña
Entrega dos coches eléctricos no hospital Quirónsalud de A Coruña / Quirónsalud

Con motivo do día Internacional da Felicidade, os Hospitais Quirónsalud de Pontevedra e A Coruña sumáronse á iniciativa de utilizar os coches eléctricos para levar aos pacientes máis pequenos desde a súa habitación ao quirófano ou a realizar próbalas pertinentes. Estes coches teledirigidos estarán dispoñibles a partir dos próximos días no hospital de Pontevedra.

O doutor Ramiro Branco, coordinador do Servizo de Pediatría do hospital na Coruña, explica que "con esta iniciativa o neno ten menos ansiedade e menos tensión", simplificando a complicada tarefa de levar aos nenos ás operacións xa que "o neno entra no quirófano máis tranquilo e contento, e esquece esa fase de algo negativo".

Esta idea tamén favorece a pais e médicos "facilitando a tarefa do persoal médico e axudando tamén aos pais para soportar a intervención cirúrxica dos seus fillos", conclúe.